Blog

LGx15 ou como influír no futuro do galego a través de charlas breves e amenas!

Si, como escoitades, é posible influír no futuro do galego con este espectacular evento que terá lugar mañá na cidade de Santiago de Compostela, organizado pola CTNL.

Máis información para mañá 16 de outubro de 2015!

Intervencións con gran dose de empatía, de experiencia propia e cariño pola lingua que levan chegando desde 2015 para dar forzas ao galego en formatos do noso tempo.

Xela Arias e Gianni Rodari, en galego e en formato podcast!

Proxecto Xela e Gianni do Consello da Cultura Galega. Formato sonoro dos Contos ao teléfono de Rodari, traducido por Xela Arias e seu pai Valentín Arias.

O valor pedagóxico e normalizador que no seu día tiveron estes contos e a súa tradución xerou un recurso moi útil para a dinamización da lingua galega orientada á infancia. E agora poderemos desfrutar dalgún conto fantástico como O poliño cósmico formato de podcast!

Un bo recurso para seguir dándolle vida á lingua con calidade pedagóxica e literaria!

Hoxe celebramos o Día do Orgullo Neofalante en Ferrolterra con lingua! , o espazo web do Servizo de Normalización Lingüística para os concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño. Nesta ocasión sumáronse os concellos de Cedeira, Fene, Ferrol e Narón á nosa celebración!

O Día do Orgullo Neofalante celébrase como un día máxico para moitas persoas que dan o paso para falar case sempre galego, máis galego, moito máis galego…

E por que o 1 de outubro?Pois porque foi o día do nacemento do noso veciño Andrés do Barro, que levou o galego aos grandes éxitos musicais e que é considerado simbolicamente o primeiro neofalante.

Onte coa presentación do documental Barullo puxemos en marcha unha iniciativa que vai difundir nos centros de ensino da man dos concellos o valor da lingua neo ligada a esa forza musical e a ese universo galego en galego.

O Concello de Neda acollerá o xoves día 30 ás 19 h na Casa da Cultura a actividade «Súbete ao galego» na que se proxectará o documental «Barullo» e na que participará o seu autor, Xosé Antón Bocixa, e Pepe Cunha.

As persoas interesadas en tomar parte deben reservar a súa praza chamando ó 981 39 02 33 a partir do luns 27 de setembro, en horario de 9 a 13 h e de 16 a 20 h.

Con esta e outras iniciativas, os concellos da Mancomunidade celebran o Día do orgullo neofalante, no que se conmemora o nacemento de Andrés do Barro o 1 de outubro de 1947 e se anima ás persoas que por distintos motivos non usan o galego (ou non o usan en determinados ámbitos) a comezar a usalo.

Esta actividade está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, subvencionado pola Deputación da Coruña e no que participan os concellos de AresCabanasMugardosNeda e Valdoviño. Tamén colaboran os Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de CedeiraFeneFerrol e Narón.

Socializar en galego está de moda!

Para as persoas de Ferrolterra que vaiades a Santiago ou a Pontevedra a estudar, traballar, vivir…

Aí tedes dous programas moi, moi atractivos: Elos e Falamos!

Elos é un programa para facilitar o contacto entre persoas que desexan aprender e practicar o galego e persoas que voluntariamente queiran colaborar con elas.

Falamos, un programa promovido polo Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo e dirixido a promover o uso do galego como lingua de socialización entre a comunidade universitaria.

Cantar en galego está de moda!

Volven os tempos de Andrés do Barro, o galego nos números un!

Agora tradi máis músicas urbanas!

O tradi mola para bailar, cantar e darlle vida ao galego!

Son As Tanxugueiras e estarán mañá en Neda modernizando a nosa lingua e a nosa tradición musical.

https://neda.gal/o-concello-pon-a-disposicion-do-publico-50-novas-entradas-para-o-concerto-de-tanxugueiras-este-sabado-na-noite-de-bolos/

Entradas esgotadas no concerto de Neda do 4 de setembro de 2021!

Música Pop e normalización lingüística

Os Verto falan da importancia da música pop para normalizar a lingua galega!

No seu tema Telón de grelos falan de revivir os tempos do Tren do noso primeiro neofalante e número un Andrés do Barro.

Eu só quero voltar

Ós 70 na máis

Cando O tren estaba

no Top 1 ….

Imos de revolución?

Teatro no Castelo de Moeche

Unha actividade en lingua galega, con contido sobre a nosa historia!

Orgullosas do noso, orgullosas do galego!

#O galego quere saltar á xente nova contigo, #grazas Ana!

Orgullosas de Ana Peleteiro que á súa vez está orgullosa dela mesma e da súa lingua, porque si, a nosa lingua conforma a nosa identidade e forma parte de persoas que loitan polos seus soños, coma ti Ana!
Grazas polo teu orgullo Ana, grazas por poñérmonos en valor, a nós e á nosa lingua, desde este pequeno recuncho de fala mimosa de noso! Que cante, que cante, que salte, que salte! Alegrámonos moitísimo por ti!

#O galego quere saltar á xente nova contigo, #grazas Ana!

Unha tese da Universidade de Vigo constata os beneficios da socialización bilingüe na etapa infantil

Nos artigos e publicacións recentes e non tan recentes sobre sociolingüística estamos vendo como nas zonas máis castelanizadas a infancia e xuventude non aprende galego principalmente na familia. De feito, a familia xa non é nestas zonas o axente principal de transmisión da lingua.

Mais curiosamente os estudos que se van facendo sempre chegan á mesma conclusión: darlles a oportunidade de aprender dúas ou máis linguas na infancia vai mellorar a súa capacidade cognitiva. Xa Belén Regueira alertaba sobre a dificultade que tiñan de atopar nenas e nenos galegofalantes cando rodaban O país dos ananos! polo que recibiu un merecido premio que podedes ver neste vídeo. Pois se vemos a importancia disto fagamos como di Belén, aprendámoslles cantas máis linguas mellor. Falémoslles galego!

De onde vén o nome do teu concello?

Como traballamos entre cinco concellos e cada un ten un nome único quixeramos saber en Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño que significa o nome do noso concello, de onde vén, cando se documentan as primeiras mencións, …? E velaí, podemos consultalo nesta recente publicación. Porque saber de onde vimos alenta para descubrir cara onde queremos camiñar!

https://doi.org/10.32766/rag.377

Queres coñecer o significado do teu nome?

A quen non lle gusta coñecer o significado do propio nome, elixir nome ou mesmo galeguizar o nome! Pois aquí vos deixamos un acceso á caixa de nomes da Mesa pola Normalización Lingüística!

Presentacións do noso Servizo

Nas últimas semanas fomos presentando o noso Servizo nos diferentes concellos nos que traballamos. A acollida foi espectacular! Esperamos facer moitísimas cousas de proveito polo galego!

http://www.concellodeares.com/amplianota.php?cod=2375

21 días co galegoSe elas e elas poden, nós tamén podemos!

Desde o SNL da Mancomunidade de concellos de Ferrolterra retámosvos co 21 días co galego e máis!

E comezamos así ao tolo, se queredes comezar podedes enviar un comentario ao noso correo electrónico, normalizacion.mancomunidade@ferrol.es, que nós filtraremos e publicaremos.

Mais é posibel que prefirades, como a rapazada, facelo en grupo! E daquela iremos vendo as vosas propostas incentivando esa autoorganización de grupos de revitalización do idioma.

Barullo: O documental do ano!

Un audiovisual que chega para darnos a coñecer a forza creadora, profesional, diversa e de calidade que ten a música galega en galego, feita por heroes e heroínas dos nosos tempos.

As modas!

As modas, di Guadi Galego no documental, se se puxese de moda cantar en galego sería a mellor campaña de normalización lingüística para o país! E nós non podemos estar máis de acordo! E se cadra estase poñendo un pouco de moda. Cando menos dise que xa hai neofalantes declaradas e declarados que deron ese paso cando comezaron a cantar en galego.

Mais tamén temos unha historia triste que contar, ese berro que vai de Pepe Cuña a Guadi Galego, pasando por Bocixa, creador deste magnífico documental. Voces que din que falta distribución e apoio. Por suposto que faltan, e é que ás veces semella que se instalou na nosa civilización unha cegueira cultural: como non valoramos esta potencia musical que somos?

Somos unha potencia musical, entre outras!

No documental non deixamos de marabillarnos de principio a fin, desde a forza da palabra de Xavier Díaz que persiste na tese de demostrarlle a algunha xente que é tan difícil ser arquitecto ou arquitecta en Galiza como artista musical en lingua galega. Claro que si Xavier, se ademais é totalmente certo o que dis.

E, por útlimo, como desprezar esa forza creadora da nosa lingua que nos mantén vivas e vivos ata hoxe, como na obra mestra de Celso Emilio que vai pechando o documental da man de Xurxo Souto, Lingua proletaria do meu pobo eu cántoa porque si porque me peta e dáme a gana…


O noso Blog

Unha canle de noso, un Xabarín de noso!

Chegamos algo tarde para dar esta noticia, mais pensamos que a súa relevancia para a lingua fai imprescindíbel destacala entre os Grandes éxitos da lingua galega nos últimos tempos!

Queremos ver e vivir Xabarín Club!




O noso Blog

Unha canle de noso, un Xabarín de noso!

17 de xuño de 2021

Amor a primeira vista

Campaña para que o alumando da ESO e BAC se inscriba na materia de portugués!

A asociación DPG, Docentes de Português na Galiza, presenta unha campaña, dirixida ao alumnado de ESO e bacharelato, para animalo a inscribirse na materia de portugués.

17 de xuño de 2021

Curso da EGAP para persoas traballadoras das administracións! Aberto o prazo de inscrición!

Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega é un curso de 30 horas de duración, que se desenvolverá en formato mixto (teleformación e telepresenza) durante os meses de outubro e novembro de 2021. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria.

16 de xuño de 2021

Somos noticia no Centro de documentación sociolingüística coas nosas Lembranzas de San Xoán!

http://consellodacultura.gal/cdsg/paxinaarq.php?id=7860

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: